Obxecto
Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos individuais nos que unha empresa aborda medidas de impacto nos factores ASG (Ambientais, Sociais e de Gobernanza), especificamente deseñadas ou desenvolvidas para o seu ámbito de actividade, cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, acadando reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e diminucións na xeración de refugallos, subprodutos ou desfeitos, coa tendencia de converter os refugallos en recursos de uso en outros procesos produtivos; e tamén aquelas actuacións dirixidas desenvolver a responsabilidade social empresarial e avanzar nos mellores modelos de gobernanza nas organizacións.
¿A quen vai dirixido?
- Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo os empresarios autónomos, que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.
- Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
- a) As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipos para os que solicitan a axuda.
- b) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos) que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.
- c) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
- d) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
- e) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
As persoas solicitantes da axuda cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración responsable de non encontrarse en ningunha situación que as exclúa de ser beneficiarias conforme este artigo.
Prazo de presentación de solicitudes: 05/08/2025 09:00 – 30/09/2025 14:00.
Investimentos ou gastos computables
- Globais:
- Auditoría e avaliación de riscos ASG: proxectos de identificación, diagnose e propos tas de xestión dos riscos relacionados cos factores ASG
- Consultoría e certificación de empresa B-CORP (con diferentes alcances segundo a situación):
a) Informe de EIB (avaliación de impacto B) completado ao 100 %, incluíndo plan de melloras.
b) Custos de verificación final máis certificación (cota do primeiro ano).
c) Recertificación: verificación final máis cota do primeiro ano.
As consultorías contratadas polas empresas para o proceso B-CORP deberán acreditar que cumpren algunha das seguintes condicións:
- Contan con persoal con formación como aceleradores B-CORP.
- Contan con persoal con formación como multiplicadores B-CORP.
- Presentan experiencia previa en procesos de certificación B-CORP.
- Ambientais:
Redución do consumo de recursos no proceso produtivo:
- Redución do consumo de recursos naturais, materias primas e semielaborados.
- Mellora da eficiencia enerxética (sistemas de control e optimización intelixente de consumos, excluído todo o relacionado con fontes, xeradores ou produción enerxética).
- Monitorización e control de procesos.
- Medición, monitorización e redución de pegada de carbono e pegada hídrica.
- Redución da xeración de residuos no proceso produtivo, a súa perigosidade e/ou facili tar a súa reutilización, valorización e/ou reciclaxe:
- Redución e/ou reutilización de residuos e subprodutos.
- Clasificación e/ou valorización de residuos e subprodutos.
- Deseño e desenvolvemento de envases e embalaxes ecoeficientes
- Consultoría e certificación de ecodeseño: ISO 14006. Análise do ciclo de vida do produto:
- Incorporación de criterios de sustentabilidade nas compras.
- Análise de ciclo de vida e implantación de estratexias de deseño sustentable basea das no principio «berce a berce».
- Sociais:
- Diversidade e inclusión: elaboración de plans de fomento dun contorno de traballo inclusivo e diverso, promoción da igualdade de oportunidades e da diversidade en todos os niveis da empresa.
- Ética laboral: propostas de prácticas laborais xustas e éticas, de cara a asegurar condicións de traballo seguras e respectuosas.
- Elaboración de programas de investimento na comunidade: participación en activi dades que beneficien as comunidades locais, programas de educación, saúde ou desen volvemento comunitario.
- Gobernanza:
- Estruturas das xuntas directivas: análises e propostas de establecemento de Xunta Directiva diversa e independente que supervise e guíe as decisións estratéxicas da em presa.
- Transparencia financeira: propostas de mellorar a información financeira e a súa divulgación para garantir a transparencia.
- Ética empresarial: desenvolvemento de códigos de conduta empresarial que promo van a ética e a integridade en todas as operacións.
Contía das axudas:
A subvención será do 80% dos investimentos materiais e inmateriais e gastos de colaboracións externas subvencionables cos seguintes límites inferiores e subvención máxima:
Importe mínimo por empresa: 3.000 €
Subvención máxima por empresa: 60.000 €
Subvención máxima en proxectos só de consultoría, por empresa: 30.000 €
• Cando un proxecto só de consultoría, se refira a un traballo específico para un só dos 18 obxectivos previstos, o importe máximo subvencionable por empresa será de 15.000 €.
• Nos supostos nos que se contempla a certificación, os custos de certificación non se consideran incluídos nos límites anteriores establecidos para custos de consultoría.
Se estades interesados podémosvos axudar, non dubidedes en comentarnos.